En Novembro do 2010 un grupo de mestres do CEIP Nosa Señora das Dores comezamos a nosa andaina co obxectivo de ampliar os nosos coñecementos sobre animación e TIC.
O grupo de traballo posibilitou que os participantes se iniciaran no mundo das Tics e descubriran as súas posibilidades para práctica pedagóxica , no soamente no ámbito da animación á lectura senon tamén noutras áreas de traballo. Descubrimos unha nova forma de motivar aos nosos alumnos na produccións de material onde eles incluso poden ser, non únicamente productores de material, senon creadores das súas obras.
O grado de consecución dos obxectivos plantexados foi moi satisfactorio. De feito, aínda que o plantexamento inicial era a producción de adaptacións de contos como vía de animación á lectura, a grande cantidade de posibilidades de traballo neste campo aportadas polos relatores nas ponencias, leváronnos a profundizar noutras vías de animación creando distintos tipos de actividades en soporte dixital. Ademáis, temos que destacar que todo o traballo repercutíu na practica personal de cada membro do grupo pois permitíunos aplicar todo o aprendido no traballo particular de aula.
Concluir que o noso traballo despertou a curiosidade do resto do claustro, o cal foi moi receptivo as nosas propostas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario