jueves, 19 de mayo de 2011

ANUNCIO ANIMACIÓN A LECTURA

Video de animación a lectura realizado co Movie Maker e empregando os lemas creados polos nenos. Cada clase realizou unha árbore onde as follas serían os lemas dos nenos. Cada clase elexíu o seu lema para a confección do anuncio.

domingo, 10 de abril de 2011

MOVIE MAKER

O Movie Maker permite realizar películas con fotos ou debuxos. Ademáis permite engadirlle texto e son. Empregamos esta ferramenta para crear un Abecedario para a Paz e para dixitalizar un conto traballado na aula cos debuxos e voces dos nenos de
1º.




domingo, 27 de marzo de 2011

GLOGSTER

Glogster é unha ferramenta web 2.0 que nos permite crear murais dixitais multimedia. Os murais realizados con Glogster poden ser impresos, insertados nuha web(blog de aula, personal, etc...) proxectalos e empregalos na aula mediante unha PDI normal como apoio á presentación duns determinados contidos.
Atopamos esta ferramenta moi útil e amena para a presentación de guías de lectura.

ESL video

ESL Video é unha ferramenta sinxela que permite, a través dunha plantilla, copiar o enlace dun video que queiramos utilizar e escribir un cuestionario de resposta múltiple. Neste caso, utilizamos un libro que traballaron os nenos na aula pola celebración de San Valentín e que nos permitíu traballar a comprensión oral e escrita.
Tamén aproveitamos un dos libros que levaron os nenos de 5º na Mochila Viaxeira en inglés como complemento a esta actividade na aula de inglés.




EBOOK

EBOOK tratáse dunha aplicación online creada para a publicación de libros en formato dixital con varias opcións de diseño que permite importar o contido e amosalo ao mundo.Aproveitáronse traballos realizados polos nenos nas aulas e incluso un deles foi feito exclusivamente por eles mesmos.


Myebook - FAMOUS PEOPLE - click here to open my ebook

Myebook - OUR LUNCH POEMS - click here to open my ebook

Myebook - Sobre o sol - click here to open my ebook

"Animación á lectura a través das TIC"

En Novembro do 2010 un grupo de mestres do CEIP Nosa Señora das Dores comezamos a nosa andaina co obxectivo de ampliar os nosos coñecementos sobre animación e TIC.


O grupo de traballo posibilitou que os participantes se iniciaran no mundo das Tics e descubriran as súas posibilidades para práctica pedagóxica , no soamente no ámbito da animación á lectura senon tamén noutras áreas de traballo. Descubrimos unha nova forma de motivar aos nosos alumnos na produccións de material onde eles incluso poden ser, non únicamente productores de material, senon creadores das súas obras.

O grado de consecución dos obxectivos plantexados foi moi satisfactorio. De feito, aínda que o plantexamento inicial era a producción de adaptacións de contos como vía de animación á lectura, a grande cantidade de posibilidades de traballo neste campo aportadas polos relatores nas ponencias, leváronnos a profundizar noutras vías de animación creando distintos tipos de actividades en soporte dixital. Ademáis, temos que destacar que todo o traballo repercutíu na practica personal de cada membro do grupo pois permitíunos aplicar todo o aprendido no traballo particular de aula.

Concluir que o noso traballo despertou a curiosidade do resto do claustro, o cal foi moi receptivo as nosas propostas.